Sistema de Xestión da Calidade
No ano 2003 a empresa propúxose traballar coas directrices que fixa a Norma de Calidade ISO 9001, logrando esta certificación outorgada por AENOR no 2004.
Xestión medioambiental
O seu compromiso co medio ambiente levou a TGM a obter o certificado de xestión medio ambiental expedido por AENOR conforme á norma ISO 14.001 en xuño de 2006, así como a adherirse voluntariamente ó sistema de xestión e auditoría ambiental EMAS. No marco de EMAS publicamos anualmente unha Declaración Ambiental, verificada por AENOR na que damos conta ó público en xeral do noso desempeño ambiental.
Seguridade e Saúde no Traballo
A saúde e seguridade do noso persoal é outra das prioridades de Toldos Gómez, e dende o ano 2019 ten adaptado o seu sistema de xestión ó referente ISO 45.001.
Pacto Mundial de Nacións Unidas
En novembro de 2016 adherímonos ó Pacto Mundial das Nacións Unidas, unha iniciativa internacional para implementar nas empresas 10 principios universalmente aceptados para promover a responsabilidade social empresarial (RSE) nas áreas de Dereitos Humáns e Empresa, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a corrupción. Anualmente publicamos un informe de progreso para dar conta dos nosos avances nesta materia.
Descarga de documentos (contidos en castelán)
Declaración Medioambiental 2022 Informe memoria de sustentabilidade 2022
Ver Informe de Progreso Pacto Mundial 2020
Ver Declaración Medioambiental do Ano 2021 Ver Informe de Progreso do Ano 2019
Ver Declaración Medioambiental do Ano 2020 Ver Informe de Progreso do Ano 2018