Terms of Services Toldos Gómez
CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA
1. Ámbito da aplicación.
As presentes Condicións Xerais de contratación regulan o uso e a contratación de produtos e servizos do sitio web TOLDOSGOMEZ.COM, do que TOLDOS GÓMEZ S.L é titular, os dereitos e obrigacións do propietario e os usuarios e as relacións entre eles. Ó realizar calquera transacción o cliente acepta estas condicións.
2. Pedido e condicións particulares de venda
2.1 O cliente recoñece coñecer, no memento da realización do pedido, as condicións particulares de venda (características, prezo, cantidade, medidas materiais utilizados, instruccións de confección, arquivos a imprimir, calidade do produto ou produtos contratados) e declara expresamente aceptalas sen reserva algunha. O feito de realizar un pedido en TOLDOSGOMEZ.COM implica a aceptación dos prezos, a descripción dos artigos e as condicións xerais de venda.
2.2 No caso de solicitar algún cambio sobre a composición ou distribución de ditos materiais, o cliente terá que especificalo no apartado OBSERVACIÓNS do seu pedido. De non poder realizarse os cambios solicitados polo CLIENTE, TOLDOSGOMEZ.COM porase en contacto co mesmo á maior brevedade para plantearlle alternativas viables á súa opción. No caso de non facerse ningunha observación, utilizaranse os materiais e proceso estándar indicado no referido apartado.
3. Obrigacións do Cliente.
3.1.As Condicións Xerais de Venda deben ser lidas EN LIÑAS polos CLIENTES visitantes da páxina e da tenda vitual antes de confirmar as súas compras. Polo tanto, o envío da confirmación do pedido implica o coñecemento absoluto destas Condicións Xerais de Venda e a súa total aceptación.
3.2. O Cliente será o único responsable, exonerado no procedente a toldosgomez.com, polo danos que se deriven dun inadecuado uso, almacenamento, conservación ou manipulación dos produtos; en particular cando non observara as indicacións, advertencias ou instrucións que toldosgomez.com puidese proporcionarlle ó respecto.
4. Condicións de Pago.
Os clientes deberán efectuar o pago dos pedidos mediante os sistemas de pago que ofrece TOLDOSGOMEZ.COM. O importe total do pedido debe ser aboado por adiantado. Nos pagos por tarxeta de crédito, o usuario garante que está autorizado para o seu uso. En caso de denegación do pago bancario, o pedido cancelarase automáticamente, informando ó cliente de dita cancelación. Ademais, TOLDOSGOMEZ.COM conservará a propiedade da mercancía ata que non se efectúe o pago completo e a mercancía sexa recibida polo cliente.
5. Envíos e prazos de entrega
A entrega dos pedidos realizarase no domicilio de entrega especificado polo usuario no momento de realizar o pedido. TOLDOSGOMEZ.COM non asume responsabilidade no caso de que os datos facilitados polo usuario foran inexactos ou incompletos ou a entrega non poidera realizarse por causas alleas á empresa de envíos, asignanda para tal efecto, como o é a ausencia do destinatario.
O prezo facilitado na web TOLDOSGOMEZ.COM inclúe os portes a calquer punto da España peninsular, para envíos a outros lugares solicitarase presuposto previo. Os envíos de TOLDOSGOMEZ.COM realízanse mediante distintos operadores loxísticos, en función do peso e volume dos pedidos. O prazo de entrega varía segundo o tipo de produto, o destino, o tipo de envío seleccionado e a hora de recepción do pedido.
Os pedidos envíanse cun servizo de entrega de 48 a 72 horas. A este período hai que engadirlle o tempo de fabricación ou preparación do pedido. O prazo máximo de entrega é de 8 días laborais a partir da confirmaicón do pago. Estos prazos son unha estimación e poden variar por razóns loxísticas ou de forza maior. Se por algún motivo non se puidese cumprir coa data estimada, o noso servizo de atención ó cliente informarao o antes posible. Os retrasos na entrega non implicarán anulación do pedido nin dereito a indemnización.
Cualquier cláusula de penalización por retraso introducida por el Cliente en su pedido queda sin efecto. Calquera cláusula de penalización por retraso introducida polo Cliente no seu pedido queda sen efecto.
6. Devolucións
A maioría dos produtos comercializados en TOLDOSGOMEZ.COM son fabricados a medida segundo as especificacións do cliente, por este motivo, non se admiten devolucións. Se se entrega ó cliente un produto defectuoso ou TOLDOSGOMEZ.COM realizase un envío erróneo, previo envío do cliente do produto e comprobación nas nosas instalacións do mesmo, procederemos á devolución íntegra do importe segundo a modalidade de pago realizada, así como dos gastos de transporte.
About
Contact