Arzúa
De reducidas dimensións, os seus soportes permiten, a fixación tanto frontal, a teito como entre paredes. Os soportes e brazos deste modelo de toldo, están dispoñibles en aluminio lacado branco e outras moitas cores. En canto á tela, o noso catálogo contén unha gran variedade de deseños lisos e listados en acrílico tintado masa, lona microperforada ou texido plástico (poliéster recuberto de PVC). O Toldo Arzúa incorpora os brazos invisibles A.R.T 350. Estes incorporan o revolucionario sistema de tensión interna A.R.T System, que consiste nunha cinta plana e flexible que optimiza a transmisión, alonga a vida do conxunto (60.000 ciclos fronte ós 3.000 esixidos pola actual regulamentación) e mellora esteticamente a instalación. Ete sistema de tensión non erosiona a capa de lacado, que se produce cando se utilizan outros sistemas como o cable ou a cadea. Ademais, a configuración da estrutura evita que a lona roce os cóbados do brazo, tanto nas manobras de apertura e peche como en calquera posición intermedia do recorrido. |
Complementos opcionais:
|
Solicite más información sobre este producto
Si desea más información a cerca de este producto, rellene el formulario y nos pondremos en contacto con usted lo antes posible. Si desea la visita de un comercial de TGM marque la casilla correspondiente.