Toldo Cofre Coral Box
O soporte brazo do Coral Box permite unha fácil e precisa regulación da aliñación dos brazos, para que encaixen axustadamente no aloxamento do perfil frontal, o que garante o peche perfecto do cofre. O Coral Box distínguese especialmente pola súa adaptabilidade e versatilidade en multitude de aplicacións, xa que permite unha fixación frontal ou ó teito. A regulación da inclinación dos brazos pode realizarse dentro dun rango que vai dende 6º a 90º. Ademais, o seu accionamento pode ser manual, motorizado ou motorizado con mando manual (MM). O Coral Box preséntase cunhas dimensións máximas de 6 metros de liña por 4 metros de saída. En canto á tela, o noso catálogo contén unha gran variedade de deseños lisos e listados en acrílico tintado masa, lona microperforada ou tecido plástico (poliéster recuberto de PVC). Brazo A.R.T. 350 Coral Box benefíciase da forza e resistencia dos brazos invisibles A.R.T 350. Uns brazos que levan integrado o sistema de tensión interna Art System, que mellora a transmisión e que consegue superar os 60.000 ciclos fronte ós 3.000 esixidos pola actual regulamentación. Así pois, o Storbox 350 compleméntase perfectamente cos brazos tecnicamente máis avanzados. |
Complementos opcionais:
|
Solicite más información sobre este producto
Si desea más información a cerca de este producto, rellene el formulario y nos pondremos en contacto con usted lo antes posible. Si desea la visita de un comercial de TGM marque la casilla correspondiente.