Sábado, 14 de setembro, día importante na túa axenda. ¡É a III Carreira Clásica TGM-Toldos Gómez! organizada por TGM-Tóldos Gómez, Concello de Arzúa, contando coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Club Deportivo Arzúa e distintas entidades coma Evelb, Queixeria Bama, Coca-cola e Caixabank.
Nesta terceira edición poderán participar atletas federados, non federados, nen@s e maiores. Estableceráse unha clasificación final conxunta de todos os participantes e as probas estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Os percorridos das probas serán expostos previamente nas páxinas webs www.emesports.es e www.carreirasgalegas.com.
Se estás interesado en formar parte desta carreira, tes hasta as 23:59 do 11 de setembro para inscribirte na seguinte páxina web http://bit.ly/2Lzc3o7. Anímate!
Os prezos das inscricións son:
Se participas na carreira, terás diversas facilidades. Por exemplo, a organización ofreceráche un servicio de duchas e vestiarios no Polideportivo Municipal de O Viso, servicio de guardarroupa e avituallamiento final para todas as categorías (no punto kilométrico 5 para a proba de 10 km).
A retirada dos dorsais e chips será no lugar de saída/meta das probas (Praza de Galiza) a partir das 17:00 horas da tarde e ata 30 minutos antes do inicio de cada proba en cuestión.
Todos os participantes da III Carreira Clásica TGM-Toldos Gómez recibirán como agasallo da organización unha camiseta. A maiores outorgaranse os seguintes trofeos:
- Trofeo ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os de cada categoría, agás na categoría pitufo que non haberá clasificación nin premiación.
- Medallas a todas/os as/os participantes na categoría pitufo. Outorgaráselle unha vez crucen a liña de meta.
- Trofeo especial ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os da proba absoluta e ós 3 mellores equipos da clasificación final.
- Premio especial ao primeiro/a clasificado/a de cada cateogoría consistente nun queixo Arzúa-Ulloa D.O.P. de Bama.
A clasificación de equipos establecerase pola suma dos postos dos 6 primeiros clasificados do mesmo. Deberán cubrir a opción de “Participa na clasificación de clubes” no formulario de inscrición individual de cada un dos compoñentes do equipo.
Nesta clasificación poderán tomar parte os clubes federados, asociacións ou equipos populares que se apunten (imprescindible) co mesmo nome na inscrición.
A maiores deberán remitir un email coa relación de participantes e nome do equipo á dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. A composición dos equipos poderá ser mixta.
Os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.
Non o dubides! É un plan xenial, saudable e de unión de tod@s arzúans e arzuás. Anímate a participar! Inscríbete xa na III Carreira Clásica TGM-Toldos Gómez. Agardámoste!