Do 28 de febreiro ao 1 de marzo en Arzúa son uns días moi especiais. ¡Celébrase a 45ª Festa do Queixo! E é que falar de Arzúa é falar do seu queixo, o producto lácteo denominación de orixe que é un emblema da vila coruñesa e que é homenaxeado cada ano na súa festa.
Este festexo comezou no 1976 ata converterse hoxe nunha das festas gastronómicas máis coñecidas e multitudinarias de toda Galicia.
Para os poucos e poucas que aínda non coñezan o queixo de Arzúa-Ullóa é o que máis producimos e consumimos en Galicia. Está elaborado con leite natural e enteira de vaca e dende 1989 conta coa denominación de Producto Galego de Calidade. Foi feito de maneira artesanal durante séculos pero coa modernización do sector a partir dos 80 introducíronse en Arzúa as primeiras cubas de aceiro, pasteurizadoras, fermentos lácticos e presoiros industriais. Todo isto permitiu controlar mellor o proceso de produción, aumentando a calidade do queixo.
O sabor é similar ao de tetilla cunha textura suave e untuosa pero moito máis cremoso. O de Arzúa é un queixo algo acedo e un pouco salgado. Preséntase en forma circular de bordes redondeados, coma unha esfera achatada por ambos lados cos bordes curvos e ten unha cor amarela pálida. Se aínda non tiveches a oportunidade de probalo, dende Toldos Gómez recomendámosche cen por cen que veñas a Festa do Queixo a degustalo. ¡Seguro que che encanta!
A edición número 45 da Festa do Queixo, terá de pregoeira a unha das mulleres do momento. ¡A entrañable Benedicta Sánchez! Con 84 anos foi galardoada co Goya a mellor actriz revelación tras recoñecerse o seu papel na película O que arde, do galego, Oliver Laxe. A actriz será a encargada de pronunciar o pregón co que se dará por inaugurada oficialmente a cita gastronómica e cultural. Dende logo, un gran pistoletazo de saída para 3 días de cultura, de gastronomía e de troula coas actuacións xa confirmadas de Ladilla Rusa, El Capitán Elefante, MJ Pérez, Luar na Lubre, Baiuca e Novedades Carminha.
Un ano máis, TGM-Toldos Gómez reforza o seu compromiso cun dos emblemas da comarca arzuana e estará moi presente nesta edición da Festa do Queixo. De feito, somos patrocinadores oficiais do evento e poderás ver a nosa marca nas diferentes comunicacións e soportes onde se dará a coñecer esta edición da Festa do Queixo. A exaltación deste producto gastronómico emblema de Arzúa é o obxectivo último polo que nos implicamos na festividade cada ano. Cremos no compromiso coas raíces do lugar onde nacemos e do cal vimos e co que temos un forte vínculo. Ademáis gústanos apoiar ás tradicións de Galicia. ¡Esperámoste na 45º Festa do Queixo de Arzúa!