Esta semana tivemos unha visita moi importante na nosa fábrica en Arzúa. O director do Igape, Juan Cividanes, puxo de manifesto en Toldos Gómez o compromiso da Xunta no apoio á incorporación dos investimentos 4.o, os avances na fábrica intelixente e á innovación tecnolóxica nas pemes galegas para impulsar o seu crescimento, presenza e consolidación en novos mercados exteriores.
Cividanes indicou que o compromiso coa modernización dos procesos productivos de Toldos Gómez explica a mellora da nosa competitividade e expansión nacional e internacional. En TGM-Toldos Gómez participamos dende hai anos en diversos programas de apoios, entre os que destacan as axudas á dixitalización que, ao abeiro da Axenda 4.0, a Consellería de Economía, Emprego e Industria ten activas co obxectivo de impulsar iniciativas que permiten avanzar na implantación da fabrica intelixente nos sectores estratéxicos de Galicia.
O director do Igape puido comprobar, nun dos nosos cinco centros de traballo os avances que estamos a realizar co apoio destas axudas, as máis recentes, para desenvolver dous sistemas: un propio que dará acceso aos clientes ao entorno informático de gestión e que nos permitirá interactuar con este desde as páginas web; e outro que facilitará aplicar a intelixencia de negocio e analizar todos os datos merados nas distintas operacións para optimizar a toma de decisións. Está previsto que ambos estean en funcionamento en xuño do vindeiro ano.
Juan Cividanes tamén resaltou que o éxito de Toldos Gómez, onde temos un equipo de 89 persoas e facturamos o pasado ano case 5 millóns de euros, está baseado na busca da aplicación das tecnoloxías 4.0 para optimizar os procesos productivos, como o big data, na diversificacion das liñas de negocio e na aposta polo sustentabilidade e a calidade dos productos que fabrica.
De xeito paralelo, apostamos pola internacionalización e, así, no que vai de 2019 levamos incrementado as nosas exportacións ao exterior ao 3,8% do total das vendas realizadas, duplicando o exportado en 2018, cando chegou ao 1,7% do facturado.
Ademáis, Cividanes falou con Radio Arzúa onde deu máis detalles. Dalle ao play! [audio mp3="https://www.toldosgomez.com/wp-content/uploads/2019/11/CIVIDANES-20-11-2019.mp3"][/audio]