whatsapp

instagram

twitter

facebook


Estamos encantadxs de anunciar a celebración da carreira  Clásica TGM – Toldos Gómez. Esta quinta edición será moi especial, xa que renderemos homenaxe a Mari Carmen Fuentes, concelleira de Deportes do Concello de Arzúa, que nos deixou recentemente. Ademais, a proba será gratuíta e terá un importante carácter solidario, xa que por cada participación faremos unha doazón á Asociación Española Contra O Cancro. Nesta ocasión e debido á situación sanitaria, volvemos apostar pola modalidade virtual para garantir a seguridade de todas as persoas.

Destinaremos 10€ á AECC

A Asociación Española Contra o Cancro é unha organización sen ánimo de lucro que financia proxectos de investigación relacionados con esta enfermidade e que traballa en apoiar e mellorar a saúde das persoas que a padecen e das súas familias. É por isto, que destinaremos 10€ á AECC por cada participante que complete os 10 quilómetros da proba. Así que xa sabes, corre por unha boa causa!

A carreira será virtual

A última edición desta proba foi virtual e tamén o será esta. Debido á situación sanitaria cremos que é a mellor opción para continuar gozando do deporte dun xeito seguro e evitando riscos. Poderás escoller o momento que mellor che conveña para percorrer esos 10 quilómetros, só tes que rexistrar a carreira na web carreiraclasica.toldosgomez.com antes do 20 de setembro.

Como participar na V Clásica TGM – Toldos Gómez

Contaremos con dúas categorías segundo a idade dos/das participantes. Así funcionará cada unha delas: PERSOAS ADULTAS – MODALIDADE 10 KM - Maiores de 16 anos
  • Corre 10 quilómetros por onde ti queiras.
  • Unha vez feita a carreira, faille unha captura á túa marca con calquera aplicación do móbil que utilices para rexistrar o teu exercicio físico. Na captura é obrigatorio que se mostre a data, os quilómetros e o tempo.
  • Adxunta a túa captura cos teus datos persoais no formulario de inscrición para os 10 km personas adultas antes do 20 de setembro. É completamente gratis. Se aínda non te inscribiches podes facelo aquí.
Equípate ben e elixe o día que mellor che veña! Non importa que non estés en forma, non é unha proba de velocidade, todxs chegaremos á meta gañando e apoiando á AECC. Ademais, a túa participación terá premio, xa que contarás cun agasallo que, se o desexas, poderás recoller nas nosas delegacións de Arzúa, Santiago de Compostela ou Bergondo. Trátase dun pack conmemorativo da V Clásica TGM – Toldos Gómez formado por unha bolsa de algodón, unha botella, unha cinta, unha pulseira de running  e unha botella de ‘Artio Go!’ para hidratarte da mellor maneira. V Clasica TOLDOS GÓMEZ Isto non é todo, coa túa inscrición poderás participar nun sorteo dun vale de 100€ para consumir no negocio local. Así que, moita sorte a todos/as!
  • INFANTIL– MODALIDADE DEBUXO-Menores de 15 anos
Os/as máis peques da casa tamén poden participar na V Clásica TGM-Toldos Gómez. Se tes menos de 15 anos, só tes que facer un debuxo que reflicta os nosos produtos e o deporte que prefiras. Ten que quedar claro o nome do autor ou da autora do debuxo, así que non esquezas asinalo. Tamén deberá aparecer o nome do teu pai/nai ou titor/titora. Unha vez teñas o debuxo, deberás cubrir o formulario da nosa páxina e subir a imaxe antes do 20 de setembro. Compartiremos os que máis nos gusten nas nosas redes sociais! Ademais, o mellor debuxo terá premio! Un xurado de Toldos Gómez escollerá o mellor e gañará un vale de 50€. Non agardes máis e apúntate! Tamén temos preparado un agasallo especial de agradecemento para esta categoría: un pack formado por unha bolsa de algodón, unha botella e unha gorra co noso logo e unha botella de ‘Artio Go!’. V Clasica TOLDOS GÓMEZ Avisaremos do prazo para a recollida deste regalo. A que é doado? Non o penses moito porque soamente haberá 300 solicitudes para as persoas adultas e 50 para a modalidade infantil. Sigue todas as novidades da carreira na nosa web e redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter) utilizando o hashtag #VClásicaTGMToldosGómez. Agardámoste!

Más artículos como éste

  •   SEDE CENTRAL
  • Lg. Raído/Burres, s/n
    15819 Arzúa (A Coruña)
  • Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  • 981 50 02 02
  • 981500202
  • CANAL ETICO: Comunicar incidencia aquí

Una manera de hacer Europa TGM en el marco del Programa de Iniciación a la Exportación ICEX Next, ha contado con el apoyo de ICEX y cofinanciación del fondo europeo FEDER. La finalidad del apoyo es contribuir al desarrollointernacional de la empresa y de su entorno

Convocatoria de axudas destinas á obtención da Certificación ISO 45001:2018. Operaciónn financiada pola Xunta de Galicia

Guardar
Preferencias de usuario de cookies
Utilizamos cookies para garantizar que obtenga la mejor experiencia en nuestro sitio web. Si rechaza el uso de cookies, es posible que este sitio web no funcione como se espera.
Aceptar todas
Rechazar todas
Read more
Analytics
Tools used to analyze the data to measure the effectiveness of a website and to understand how it works.
Google Analytics
Aceptar
Rechazar
Marketing
Set of techniques which have for object the commercial strategy and in particular the market study.
Google
Aceptar
Rechazar
Facebook
Aceptar
Rechazar
Unknown
Unknown
Aceptar
Rechazar