whatsapp

instagram

twitter

facebook


Aínda que este ano sexa tan complicado, nós non queríamos deixar pasar unha cita que tanta ilusión fai na nosa terra ano tras ano: a IV Clásica TGM - Toldos Gómez. Nesta edición cun formato "virtual" anti-COVID e moito máis solidario: doaremos 10 euros á Cociña Económica por cada participante. O noso obxectivo? Chegar ata os 3.000 euros! Axúdasnos?  

Unha carreira solidaria a favor da Cociña Económica

Estes últimos tempos están a ser moi complicados para todos nós, pero especialmente para aquelas persoas máis desfavorecidas. En Toldos Gómez queremos por o noso graniño de area e axudar no que poidamos e, por iso, non podíamos facer outra cousa que converter a nosa carreira nun evento solidario no que tamén colabora o Concello de Arzúa e a bebida isotónica Artio. Deste xeito, por cada persoa que complete os 10 quilómetros da proba doaremos 10 euros á Cociña Económica. 5 euros enviaranse á Cociña Económica da Coruña e os outros 5 euros á Cociña Económica de Santiago. A túa participación, como ves, é fundamental! Anímaste a contribuír connosco?  

Un evento "virtual" libre de Covid-19

O que máis nos preocupa é a túa seguridade, por iso queremos asegurarnos de que o evento non supoña ningún risco para a túa saúde. Deste xeito, nesta nova edición apostamos por un evento máis virtual, co que evitemos aglomeracións e sigamos as recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias. Xa haberá tempo de reunións e celebracións todxs xuntxs. Este ano toca coidarnos os uns aos outros! O funcionamento será o seguinte: poderás escoller en que momento entre os días 17 e 27 de setembro queres saír a percorrer os 10 quilómetros da carreira, así como tamén por onde o vas facer. Cómodo e seguro, non crees?  

Como participar na IV Clásica TGM - Toldos Gómez?

Es maior de 16 anos, un apaixonado do deporte e queres axudarnos a recadar os 3.000 euros para a Cociña Económica? Pois non o penses máis, tes que participar! É tan sinxelo como calzar os teus mellores tenis e poñerte en marcha: tes entre o 17 e o 27 de setembro para percorrer os 10 quilómetros! Despois terás que entrar na web da carreira e completar o formulario cos teus datos. Unha vez percorridos os 10k, comparte unha captura de pantalla da túa marca. Non importa a aplicación móbil que empregues, tan só asegúrate de que rexistra os quilómetros e o tempo realizado. E listo! Ademais, queremos agradecerche a túa participación e axuda e por iso temos preparado un agasallo que poderás recoller nas nosas delegacións. Un pack especial conmemorativo da IV Clásica TGM - Toldos Gómez, que contén unha toalla de microfibra, un gardamáscaras, unha bebida isotónica Artio e unha bolsa de Toldos Gómez. Esperamos que che guste!   E iso non é todo! Marca no teu calendario o día 29 de setembro, porque publicaremos na nosa páxina web e nas nosas redes quen é o gañador ou gañadora do premio especial. Serás ti?  

Este ano, os pequenos da casa tamén poderán participar

Porque a solidariedade non entende de idades e sabemos que os nenos e nenas galegos tamén queren axudar, este ano abrimos unha candidatura especial para eles. Se coñeces a alguén que quera participar e teña menos de 15 anos, avísao, porque terá que poñer en marcha a súa creatividade e facerse cunhas boas pinturas! Entre os días 17 e 27 de setembro terá que facer un debuxo de toldos e/ou deporte e subir unha captura do mesmo á web da carreira. Nós compartiremos os que máis nos gusten nas nosas redes sociais! E, por suposto, do mesmo xeito que no caso dos adultos, levarán como agasallo especial pola súa participación un pack da IV Clásica Toldos Gómez. No seu caso contén un gardamáscaras infantil, unha bebida isotónica Artio e unha bolsa de Toldos Gómez. Para recoller tanto o pack de adultos coma o de menores, avisaremos cando estén dispoñibles nas nosas delegacións. Non o penses moito e participa canto antes na IV Clásica TGM - Toldos Gómez. Hai dispoñibles 300 solicitudes para adultos e 200 para os nenos e nenas. Non quedes sen a túa praza! Por último, se queres estar ao día das últimas noticias sobre a carreira, non olvides botarlle un ollo á web e ás redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter). Utilizaremos o hashtag #IVClásicaTGMToldosGómez para ir comentando as últimas novidades!  

Más artículos como éste

  •   SEDE CENTRAL
  • Lg. Raído/Burres, s/n
    15819 Arzúa (A Coruña)
  • Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  • 981 50 02 02
  • 981500202
  • CANAL ETICO: Comunicar incidencia aquí

Una manera de hacer Europa TGM en el marco del Programa de Iniciación a la Exportación ICEX Next, ha contado con el apoyo de ICEX y cofinanciación del fondo europeo FEDER. La finalidad del apoyo es contribuir al desarrollointernacional de la empresa y de su entorno

Convocatoria de axudas destinas á obtención da Certificación ISO 45001:2018. Operaciónn financiada pola Xunta de Galicia

Guardar
Preferencias de usuario de cookies
Utilizamos cookies para garantizar que obtenga la mejor experiencia en nuestro sitio web. Si rechaza el uso de cookies, es posible que este sitio web no funcione como se espera.
Aceptar todas
Rechazar todas
Read more
Analytics
Tools used to analyze the data to measure the effectiveness of a website and to understand how it works.
Google Analytics
Aceptar
Rechazar
Marketing
Set of techniques which have for object the commercial strategy and in particular the market study.
Google
Aceptar
Rechazar
Facebook
Aceptar
Rechazar
Unknown
Unknown
Aceptar
Rechazar