Ágata Box é unha gama de toldos con sistema monobloque deseñado para acadar as máximas dimensións cunha configuración compacta e atractiva. Ofrece as máximas prestacións que se lle poden pedir a un toldo e proporciona unha protección completa, xa que os brazos e a lona permanecen resgardados no interior do cofre. O perfil frontal destaca por expulsar a auga e pola súa xeometría circular, que lle achega máis posibilidades estéticas sen perder forza nin resistencia.
O novo Toldo cofre Ágata Box conta con asesoramento previo á compra, así como visita e orzamento previo sen ningún compromiso.
No proceso de compra nunca se atopará só, xa que se lle ofrece un acompañamento dende o principio ata o final, incluso despois da instalación contará cun servizo post-venda á súa disposición.
A sustentabilidade vai da man deste novo toldo tanto na calidade, no medio ambiente e na prevención.
Conta con unhas dimensións de ata 12 metros de fronte e 4 de saída con 4 brazos.
Pódese adaptar a distintos tipos de suxeición: Frontal e ao teito.
Así mesmo, conta con diferentes acabados: lacados segundo a normativa QUALICOAT, tornillería de aceiro inoxidable e brazos con lacado integral.
Segundo a norma UNE-EN 13561:2015, este toldo resiste a:
VENTO C.1 ata 28 km/h.
DURABILIDADE C.3** un mínimo de 10.000 maniobras.
Si deseas más información a cerca de este producto, rellena el formulario y nos pondremos en contacto contigo lo antes posible. Si deseas la visita de un comercial de TGM marque la casilla correspondiente.