AXUDAS E FINANCIAMENTO DO IGAPE A PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL
ADQUISICIÓN DE MÁQUINA DE CORTE
Expediente IG287.2022.1.12
- O proxecto consiste na ampliación e mellora da capacidade de corte de lona na fábrica de produtos de lona de PVC que TGM – Toldos Gómez ten no concello de Arzúa (Parque Empresarial, Rua Talabarteiros 11) por medio da adquisición dun novo plotter de corte de lona de PVC máis rápido e preciso que os existentes e que incorpore software destinado a reducir o tempo de preparación de arquivos.
- A finalidade última da solicitude da axuda do Igape, a proxectos de investimento empresarial é a ampliación e modernización da capacidade produtiva da empresa.
- Os obxectivos a acadar con esta nova máquina son:
- Aumentar a competitividade e capacidade produtiva da empresa
- Reducir os custos
- Reducir o impacto ambiental
- Mellorar a calidade das producións