TGM-Toldos Gómez na 50ª Festa do Queixo de Arzúa

TGM-Toldos Gómez na 50ª Festa do Queixo de Arzúa

19 de febrero de 2025

Por fin volve o noso evento favorito! A Festa do Queixo de Arzúa celebra este ano unha edición moi especial: o seu 50 aniversario. Os días 14, 15 e 16 de marzo reunirémonos en Arzúa para celebrar medio século de tradición, cultura e sabor que fan desta festa un referente en Galicia. Coma sempre, en TGM-Toldos Gómez estamos orgullosos de ser patrocinadores e de participar activamente nesta festa que tanto significa para Arzúa e para nós.

Un orgullo para Arzúa

Desde a súa primeira edición, a Festa do Queixo converteuse nunha celebración emblemática que pon en valor o Queixo Arzúa-Ulloa con denominación de orixe protexida. Pero isto é moito máis que unha xornada gastronómica. A Festa do Queixo é tamén música, cultura, unidade e orgullo de ser arzuáns, orgullo dos nosos produtos e da nosa terra.

O 50 aniversario: un ano especial

Esta edición é moi especial xa que se cumpre medio século da primeira Festa do Queixo. Poderemos gozar de concertos de artistas como The Rapants, Capital Voskov, Mondra, Xoel López, Xisco Feijóo e Cariño, xunto cos nosos O Son de Arzúa. Haberá masterclasses, xogos, degustacións, eventos para nenos e maiores... Na Festa do Queixo non faltarán actividades.

Patrocinador oficial TGM-Toldos Gómez

Dentro do noso compromiso coa terra que nos ve medrar día a día, somos patrocinadores oficiais da Festa do Queixo. Levamos o selo da festa nas nosas furgonetas e o selo do 50 aniversario en moitos dos nosos materiais corporativos, contribuíndo a visibilizar esta celebración en toda Galicia. Ah, e estade atentxs ás nosas canles de redes sociais, como Instagram e Facebook, para ver toda a nosa participación na festa.

Toda a información sobre a Festa do Queixo

Convidámosvos a descubrir todo o que a Festa do Queixo ten preparada para este ano. Podes consultar toda a información na súa web oficial aquí. Vémonos en Arzúa os días 14, 15 e 16 de marzo!

Se queres botar unha ollada a como celebramos as pasadas edicións, podes consultar aquí a nosa publicación da edición do ano pasado.

Se estás interesado en adquirir un toldo, non dubides en poñerte en contacto connosco chamando ao 981 50 02 02, escribindo a web@toldosgomez.com ou a través deste formulario. Infórmate sen compromiso e adiántate ao verán.

Filtrar resultados

Utilizamos cookies para garantizar que obtenga la mejor experiencia en nuestro sitio web. Si rechaza el uso de cookies, es posible que este sitio web no funcione como se espera. Puedes obtener más información en nuestra Política de Cookies