Por fin volve o noso evento favorito! A Festa do Queixo de Arzúa celebra este ano unha edición moi especial: o seu 50 aniversario. Os dÃas 14, 15 e 16 de marzo reunirémonos en Arzúa para celebrar medio século de tradición, cultura e sabor que fan desta festa un referente en Galicia. Coma sempre, en TGM-Toldos Gómez estamos orgullosos de ser patrocinadores e de participar activamente nesta festa que tanto significa para Arzúa e para nós.
Un orgullo para Arzúa
Desde a súa primeira edición, a Festa do Queixo converteuse nunha celebración emblemática que pon en valor o Queixo Arzúa-Ulloa con denominación de orixe protexida. Pero isto é moito máis que unha xornada gastronómica. A Festa do Queixo é tamén música, cultura, unidade e orgullo de ser arzuáns, orgullo dos nosos produtos e da nosa terra.
O 50 aniversario: un ano especial
Esta edición é moi especial xa que se cumpre medio século da primeira Festa do Queixo. Poderemos gozar de concertos de artistas como The Rapants, Capital Voskov, Mondra, Xoel López, Xisco Feijóo e Cariño, xunto cos nosos O Son de Arzúa. Haberá masterclasses, xogos, degustacións, eventos para nenos e maiores... Na Festa do Queixo non faltarán actividades.
Patrocinador oficial TGM-Toldos Gómez
Dentro do noso compromiso coa terra que nos ve medrar dÃa a dÃa, somos patrocinadores oficiais da Festa do Queixo. Levamos o selo da festa nas nosas furgonetas e o selo do 50 aniversario en moitos dos nosos materiais corporativos, contribuÃndo a visibilizar esta celebración en toda Galicia. Ah, e estade atentxs ás nosas canles de redes sociais, como Instagram e Facebook, para ver toda a nosa participación na festa.
Toda a información sobre a Festa do Queixo
Convidámosvos a descubrir todo o que a Festa do Queixo ten preparada para este ano. Podes consultar toda a información na súa web oficial aquÃ. Vémonos en Arzúa os dÃas 14, 15 e 16 de marzo!
Se queres botar unha ollada a como celebramos as pasadas edicións, podes consultar aquà a nosa publicación da edición do ano pasado.
Se estás interesado en adquirir un toldo, non dubides en poñerte en contacto connosco chamando ao 981 50 02 02, escribindo a web@toldosgomez.com ou a través deste formulario. Infórmate sen compromiso e adiántate ao verán.